Lugar da Igrexa, Viñós - 15 819 Arzúa, A Coruña
981 194 209
info@casa-lucas.com
Book Now
O Camiño
Home > O Camiño

A vila de Arzúa está marcada pola impronta do Camiño de Santiago, considerado o primer Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa, deixando paso a innumerables mostras patrimoniais ao longo do tempo.

É no medievo cando, gracias ao descubrimento do sepulcro de Santiago o Maior, aparecen as peregrinacións xacobeas. O auxe destas peregrinacións fai que na encrucillada de camiños naza unha pequena aldea que o Códice Calixtino chama: Vila Nova, que co paso do tempo pasará a chamarse Arzúa. Nace así o hospital de Ribadiso e o convento da Madanela coa obligación de dar asistencia aos peregrinos.

trail-arzua-spain

É no ano 1587 cando, debido a que os piratas ingleses ao mando de Francis Drake ameazaban con destrozar Santiago de Compostela, o arzobispo Juan de Sanclemente y Torquemada esconde o sepulcro para que non fose expoliado. Este feito representou a case desaparición das peregrinacións durante 300 anos.

En 1887 o cardenal Miguel Payá y Rico fai unhas reformas no Altar Maior da Basílica e a noite do 28 de xaneiro de 1878 os traballadores aburatan unha pequena bóveda e aparece unha furna cos esqueletos de tres homes. O papa León XIII comunícalle ao mundo a encíclica Deus Omnipotens o descubrimento dos restos do Apóstolo. Pero as peregrinacións continúan sendo minoritarias.

Só dende a declaración das Rutas Xacobeas como 1º Itinerario Cultural Europeo (1987) polo Consello Europeo e Ben Patrimonio da Humanidade 1993 pola UNESCO, a peregrinación alcanza a importancia que tivo na Idade Media.