Lugar da Igrexa, Viñós - 15 819 Arzúa, A Coruña
981 194 209
info@casa-lucas.com
Book Now
A Casa e a zona
A casa

Casa Lucas foi fundada por Lucas Piñeiro, cuxa defunción consta no ano 1780 segundo a documentación que aínda se conserva na casa. A propiedade foi pasando de pais a fillos ata que no ano 1998 José Antonio e Marisol, os actuais propietarios, deciden rehabilitala e convertela na acolledora casa de turismo rural que esperamos teñas a ben de coñecer.

la-casa

A zona

Casa Lucas está rodeada dunha gran parcela que baixa ata a beira do encoro de Portodemouros. A casa ubícase na aldea Lugar da Igrexa, na parroquia de Viñós. É aquí onde se atopa a antiga igrexa da parroquia, de ahí o nome da aldea.

Viñós disfruta dunha estupenda temperatura para a produción de todo tipo de cereais, froitas e vexetais. De feito presumimos de ter vairos invernadoiros de alta calidade e por suposto, nós tamén nos aproveitamos desta vantaxe para cultivar a nosa propia horta da cal obtemos productos deliciosos para a preparación dos principais pratos da casa.
Pero os invernadoiros non son a única actividade da zona. Seguramente coñezas a Arzúa polo seu famoso queixo Arzúa-Ulloa cuxo leite obtense das granxas da zona, e Viñós posúa algunhas desas granxas.

Vista aérea del embalse Portodemouros y del pueblo de Viñós.

Vista aérea del embalse Portodemouros y del pueblo de Viñós.

 

Portodemouros 

Creado no ano 1968, o encoro de Portodemouros baña os territorios de Arzúa, Santiso, Vila de Cruces e Agolada. Posúe unha capacidade de 297hm², con unha cota máxima de 252hm² e unha mínima de 220hm².

O encoro dispón dun réxime especial de pesca, un espacio ideal para os deportes naúticos ou senderismos e rutas en bicicleta. As orillas dos ríos próximos ao encoro presentan espazos naturais. Áreas recreativas e praias fluviais para disfrutar dun día campestre. Destacan, entre outras, a praia de A Carixa, Remesquide e Gres todas en Vila de Cruces e o Área recreativa de O Liño en Santiso.

Dende 1977 un pequeno ferry une Santiso con Vila de Cruces polo encoro de Portodemouros trasportando ininterrumpida e gratuitamente pasaxeiros e coches que queren atravesar dunha orilla á outra.

Tamén se pode disfrutar dunha maravillosa ruta de sendeirismo que percorre o municipio arzuán de sur a norte enlazando co concello de Touro ao comezo, co camiño Francés no medio e co camiño do Norte ao final. Denominouse Ruta do Encoro de Portodemouros porque pasa xunto ao ramal de acceso á central hidroeléctrica e bordea o embalse ao longo de 5km. A ruta pódese dividir en dous grandes tramos:

Fervenza – Ribadiso, onde enlaza co Camiño Francés.
Ribadiso – A Paínza, onde enlaza co Camiño do Norte.

Arzúa 

A parroquia de Viñós sitúase no extremo sur do concello de Arzúa. Esta vila, ademáis de asentarse ao longo do Camiño de Santiago, ubícase nunha das máis importantes comarcas ganadeiras de Galiza. Na súa tradición asentou o gran prestixio nacional e internacional que hoxe ostenta na elaboración dos seus exquisitos queixos con denominación de orixe Arzúa-Ulloa.

timthumb

Praza de Arzúa

O municipio de Arzúa atópase situado no Sudeste da provincia de A Coruña, lindando cos concellos de O Pino, Frades, Boimorto, Melide, Santiso, Vila de Cruces e Touro. Non estamos ante un territorio montañoso, pero si resulta un lugar propicio para o pastoreo, grazas ao cal podemos presumir de ser un dos concellos con máis gando de toda a provincia. Deles sacamos o noso máis preciado e coñecido ben gastronómico: o queixo de Arzúa.

A todo isto debemos sumarlle que o concello de Arzúa conta cun interesante patrimonio histórico – artístico. Son numerosos os restos que nos deixaron os pobos prehistóricos, destacando os chamados túmulos funerarios ou mámoas. Tamén aquí podemos atopar numerosos restos da cultura castrexa coma, por exemplo, o Castro Curbín ou romanos coma a ponte de Ribadiso ou a Vía XIX. É na Idade Media cando aparece a figura de Santiago Apóstolo o Maior, aparecendo con él as peregrinacións Xacobeas grazas as cales se da a creación de novas vilas, como a de Arzúa. O códice Calixtino fala de Vila Nova, que posteriormente pasaría a chamarse Santiago de Arzúa. É nesta época cando aparece o hospital Ribadiso da Ponte ou o convento da Madanela.

Actualmente celebramos a festa do queixo o primer fin de semana de marzo. Nela poderás degustar o tan coñecido queixo de Arzúa entre outros. Ven a Arzúa e coñece esta fantástica rexión chea de detalles dos cales disfrutarás como nunca.